Unha produtora galega independente con sede en Santiago de Compostela. Creada en 1998 por Mara Gutiérrez Andrés cunha clara vocación documental, conta na actualidade cun entusiasta e profesional equipo humano e unha sólida experiencia na produción de contidos audiovisuais.
Dende o comezo apostamos polo documental de carácter social e humano. Creadores de Documenta Galicia, somos tamén membros fundacionais de DOCUS (Asociación para a Promoción de Documentais) e participamos en diversos eventos internacionais relacionados co documental (DOCS Barcelona, Contra o Silencio todas as voces, Rede Iberoamericana de Video Documental Independente…). Unha firme aposta polo xénero que arranca xa en 1999 cando organizamos e diriximos unha experiencia pioneira en Galicia, COMPOSTELA DOCUMENTAL (Semana Internacional de Cine Documental de Santiago de Compostela).
Traballamos dende Galicia, apostando polo talento galego, cunha clara vocación cosmopolita e universal. Integrados en EDN (Europen Documentary Network), somos membros da Xunta Directiva de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).
© 2009 MaraProducións
Rúa Melide 9, 3ºB 15705 Tlf/fax: 981 57 05 76. Santiago de Compostela A Coruña Galicia Spain info@maraproducciones.es