O mar está en perigo. Nun mercado cada vez máis global, onde a demanda de productos mariños se incrementa de forma crecente, a sobreexplotación, a contaminación e os efectos devastadores do cambio climático ameazan a supervivencia dos recursos, dos propios pescadores e dun xeito de vida e unha cultura vinculada aos pobos costeiros.
Algunhas especies como a langosta xa desapareceron do noso litoral e os propios pescadores artesanais considéranse unha especie en vías de extinción. EMPRENDEDORES propónse dar a coñecer iniciativas postas en marcha por algunhas cofrarías galegas, en contacto con outras comunidades pesqueiras do Atlántico, a favor dunha pesca sostible que consiga paliar as conductas depredadoras. Pero, ¿son realistas estas iniciativas? ¿Conseguirán deixarlle aos seus fillos o mar nunhas condicións semellantes a como eles o recibiron?
Co apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Dirección: Mara Gutiérrez
Guión: Carla Rivera, Valentín Alvite, Mara Gutiérrez
Dirección de fotografía: Juan Ángel Barro "Cremi"
Protagonistas: Antonio García Allut, Homes e Mulleres do Mar.
© 2009 MaraProducións
Rúa Melide 9, 3ºB 15705 Tlf/fax: 981 57 05 76. Santiago de Compostela A Coruña Galicia Spain info@maraproducciones.es